domingo, 8 de enero de 2017

Sesión 24/11/16 Gonzalo Constenla

¿QUE CUALIDADES DEBE REUNIR UN BO PROFESOR DE LINGUAS ESTRANXEIRAS?

      Estos últimos anos estudiei filoloxía española, un grado que me namorou dende o primeiro curso e co cal disfrutei cada asignatura, apaixoada entre a lingua e a literatura. Adoraba calquera temario, dende a literatura medieval ata as vanguardias, dende a fonoloxía ata a pragmática. Pero se disfrutei tanto da carrera foi, en gran medida, gracias a que tiven excelentes profesores. Pola contra, se volvemos á máquina do tempo e retrocedo uns anos máis, sitúome na secundaria e o meu cúmulo de sensacións é máis contradictorio. A moitos dos profesores nin sequera os lembro; algúns fixéronmo pasar verdadeiramente mal, e, afortunadamente, outros deron luz e marcaron positivamente aqueles anos de adolescencia nos que era tan difícil conectar co mundo dos adultos.
      Sempre fun unha alumna obediente, respetuosa e traballadora. Non obstante, tamén arrastrei como estudante dúas pequenas sombras ou defectiños que son o "estar pero non estar" (hai un galego na lúa!) e a charlatanería. Son unha persoa tremendamente despistada, tanto cando estou reunida e pasándoo ben, como, máis aún, cando algo me aburre. Por eso, en clase, co paso do tempo, a experiencia ensinoume a tomar algunhas medidas e pequenos trucos para non perder o fío das explicacións (por exemplo, tomar apuntes de absolutamente todo o que se di, sexa ou non pertinente). Sen embargo, bolígrafo en man e folios preparados para a redacción, había algunhas asignaturas (por certo, bastante dispares: bioloxía, latín e antropoloxía) nas que recordo con emoción cómo me negaba a seguir o mesmo ritual de sempre; observaba atentamente aos meus profesores, o seu sorriso, a súa expresión corporal, disfrutaba escoitando cada palabra, a súa xuntura tonal, e por nada do mundo quería perderme nin un momento daquel espectáculo escribindo. Soamente necesitaba sentarme, abrir ben os ollos e mailos oídos, e atender. E agora que me estou preparando para ser unha futura (boa) profesora de español, penso: ¿qué superpoderes tiñan aqueles docentes, que conseguían absorberme durante cincuenta minutos?
      Asignaturas, edades e sexos diferentes, pero todos eles compartían unha serie de características. En primeiro lugar, mostrábanse como persoas humanas (valga a redundancia); quero dicir que entraban por clase e saudaban alegres ou expresaban quexumbrosos que tiñan un mal día, pero igualmente se preocupaban por nosotros; eran naturales, humildes, e tratábannos con respecto, sen prexuizos antiadolescentes; creaban un entorno cálido no que calquera comentario era benvido, ningunha duda era tonta, mostraban simpatía e interés por nosotros; eran ese tipo de referentes aos que te atreverías a consultar calquera problema. Traían a lección preparada de casa e conseguían ligar calquera tema coa nosa realidade e os nosos intereses; nestas clases non so se falaba de células, declinacións ou o home das cavernas, senón que traballaban en nosotros un pensamento crítico e todo se relacionaba coas grandes preocupacións humanas e as curiosidades da vida. Se era necesario pararse máis sobre un tema, facíase, e non se molestaban por ello. E, sobretodo, creo que o que máis me enganchaba era a paixón, a paixón que transmitían polos seus coñecementos e a paixón por compartilos con nosotros.
      Polo tanto, ¿profesor nativo ou non nativo? ¿Cantas veces tivemos a sensación de que un profesor era un mar de sabiduría, pero que non era quen de compartila? É necesario que un docente de linguas estranxeiras domine a lingua meta que ensina, pero unha vez acadado este punto, vexo máis importante que sexa profesor, con tódalas letras. Que esté formado e actualizado, que se implique, que fuxa das clases maxistrais e resulte dinámico, de confianza, e, como dixen, que transmita toda a beleza, a utilidade e a maxia da lingua que ensina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario