MÉTODOS CLIL E AICLE
Da man dunha das nosas compañeiras de clase, hoxe profundizamos no mundo CLIL ou AICLE.
¿Que queee? Aprendizaxe Integrada de Contenido e Lingua Estranxeira, isto é, a impartición de
materias nunha lingua estranxeira. E a min, que era unha total ignorante deste método educativo,
resultoume de gran interese. Sempre defendín que cando mellor se aprende unha lingua é cando esta
pasa de ser un fin a ser un medio. Todos coñecemos a alguén que marchou uns meses a practicar
inglés a Dublín e volveu cun nivel moito máis elevado que o que obtería nese mesmo tempo nunha
academia en Vigo. ¿E por que? Porque alí a lingua, como dicía, deixou de ser un obxecto de estudo
para ser un medio: un medio para relacionarse, para socializar, para facer a compra, para ir ó
medico, para traballar, ... e, coma quen di, a necesidade fai o órgano. E de aquí que agora tódolos
libros de texto incorporen simulacións de situacións nas que te poderías atopar no teu día a día.
Pois ben, o método AICLE propón o estudo dunha materia (matemáticas, bioloxía, historia, etc.,
calquera que non sexa outra lingua) nunha lingua estranxeira. Desta maneira, a lingua deixaría de
ser un fin (con tódalas connotacións negativas que esto implica), non sería avaliada (¡fora
presións!), e ampliaríamos o número de horas adicadas á súa práctica, especialmente á competencia
oral (esa gran olvidada). ¡Parece que todo son beneficios! Os resultados obtidos en centros do Pais
Vasco e Cataluña foron positivos, pero tamén é certo que os datos non son moi
representativos xa que os alumnos sometidos a este programa eran os que xa tiñan de antemán un
bo nivel nesa lingua estranxeira; cabería probar en que medida beneficiaría o nivel tanto en alumnos
aventaxados como en aqueles que non teñan unha boa base.
Para a lingua estranxeira está claro que nunca están de máis unhas horiñas extra de práctica, pero,
¿e para a materia en concreto? Un posible inconvinte sería a ralentización ou escasa preparación na
materia principal que se imparte. Tamén podería acontecer, por exemplo, que nunha asignatura
coma xeografía os alumnos aprendesen o vocabulario específico en inglés (por exemplo) pero non
na súa lingua materna, e que este feito a longo plazo puidese levar a un empobrecemento do noso
idioma pola perda de termos propios a cambio de estranxeirismos. Todo é posible.
Outro problema é a preparación do profesorado. Actualmente, o mecanismo funciona con
profesores aos que soamente se lles esixe un nivel na lingua estranxeira de B1 ou B2 (en función da
cantidade de materia que se imparta nesta lingua), e ofréceselles un curso específico que conta
cunha estadía no estranxeiro. ¿Un B1 é suficiente como para impartir unha clase con soltura e
resultar un bo referente de falante para os alumnos? Por suposto que non. E un curso duns meses
tampouco consegue que alguén se volva competente nunha lingua estranxeira.
Aínda así, sopesando os beneficios evidentes frente ás posibles contrariedades, sego opinando que
me parece un fantástico método para mellorar as competencias dos nosos alumnos en linguas
estranxeiras. Quizás o primeiro aspecto no que tocaría traballar sería nesa selección do profesorado
e a súa preparación, xa que de non ser a correcta podería tirar moito traballo pola borda, así como
estudar a posibilidade de ofrecerlles máis horas para as súas clases xa que, como dixen, o feito de
impartir a materia noutra lingua supón a necesidade de máis tempo.