O QUE NECESITO PARA APROBAR CONTRA O QUE NECESITO PARA SABER
Todos estamos de acordo en que como realmente se demostra a destreza dunha lingua é na
oralidade, ao falar, ao manter unha conversación. O nivel de soltura, de comprensión, a correcta
pronunciación, o coñecemento da pragmática. Eso é para nós, como seres sociais, o máis
importante. Pero, ¿realmente é o máis importante, ou é que inconscientemente, como é a última das
destrezas que se adquire, elexímola porque con ela van incluidas tamén as competencias escritas?
Pode que este feito nos leve lixeiramente a engano ao afirmar que a competencia oral é a máis
importante, pero se tivésemos que elexir entre saber falar ou saber ler e escribir nunha lingua
estranxeira, todos, ou a meirande parte da poboación mundial, elexiríamos poder conversar. Isto é
porque queremos a lingua para socializar, e a nosa principal forma de relacionarnos é en persoa,
mediante a fala. De feito, ata o século pasado había todavía un alto grado de analfabetismo na
poboación e, sen embargo, isto non lles suponía o mesmo inconvinte que podería xerar nacer sordomudo. Certo é que agora, coas novas tecnoloxías, dise que as relacións estanse dixitalizando
e mediante resursos como as redes sociais e as mensaxes instantáneas botamos man das
competencias escritas, pero ainda así, sego a pensar que preferimos a oralidade.
Pois ben, tras esta pequena reflexión acerca das nosas preferencias á hora de aprender unha segunda
lingua, agora lanzo unha pregunta: ¿e que é o que nos ensinan na escola, nos doce anos que
estudamos inglés? Pois maioritariamente, a competencia escrita, así como nocións abstractas de
gramática e sintaxe. ¡Como non nos imos frustrar, se despois de tanto tempo non nos ensinan a
falar! Está claro que é necesario un cambio, e dende hai uns anos xa se está tratando de conseguilo,
especialmente nas academias. ¿E por que non na escola? Pola necesidade de avaliación.
Cada curso, os profesores de linguas estranxeiras vense na obriga de ter que avaliar aos seus
alumnos mediante unha cifra numérica. Por costume e tradición, esa cifra correspóndese cos
resultados dun exame escrito (ou varios), e todo o que o alumno demostrara de forma oral nas clases
ao longo do curso unicamente incide nesa cifra para redondear os decimais. ¿Cal é o obxectivo?
Que os rapaces aprendan inglés. ¿Como medimos se o obxectivo se cumple? Mediante exames.
¿Que avaliamos nos exames? A competencia escrita e lectora. Por tanto, a docencia vai destinada a
desenvolver estas destrezas, descuidando as orais, que non son avaliadas. ¡Chegamos ao meollo do
problema!
Deixando de lado o debate de que forma é a adecuada para avaliar a aprendizaxe (exames finais
frente ao traballo continuo), vemos que o sistema de avaliación é o que xerarquiza e prioriza as
destrezas escritas frente ás orais, e por eso tras tantos anos e máis anos de estudo non sabemos falar
inglés. Penso que unha posible solución sería replantexar a metodoloxía didáctica: por un lado,
eliminaría os exames, que nesta materia so serven para crear tensión e condicionar a aprendizaxe;
por outro lado, invertiría máis tempo en avaliar as competenciais orais e, por tanto, en traballalas.
Unha asignatura tan dinámica como é aprender unha lingua estranxeira ofrece infinitas
posibilidades de actividades avaliables de carácter práctico, para calquera das catro destrezas e de
forma integrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario