¿QUE ME GUSTARÍA ENSINAR, QUE A MIN NON ME ENSINARON?
Nesta primeira clase con Eduardo revisamos a guía didáctica da asignatura, averiguamos en que consistía, explicounos o reparto da materia entre os tres profesores... e retrocedimos no pasado. Volvimos á infancia e adolescencia e lembramos como eran as nosas clases de inglés e francés, os libros de texto, os maestros; e planteámonos unha pregunta que resonou na miña cabeza ata hoxe: ¿que me gustaría ensinar, que a min non me ensinaron?
Como alumna, sempre protestei acerca da miña experiencia co inglés: de pequena encantábame e sempre ía un paso por diante; despois comezou a aburrirme, deixei de estudalo e, de pronto, en bacharelato, vinme atrasada con respecto aos meus compañeiros. E en xeral, a opinión do meu entorno é semellante: ou nunca lles gustou, ou nalgún momento perderon o interese. Pero, ¿como pode ser, no mundo globalizado en que vivimos, que unha asignatura tan exótica e diferente como pode ser aprender unha lingua estranxeira non provoque pasión nos alumnos? A todos nos gusta viaxar, coñecer novas culturas, socializar, comunicarnos. ¿Cal é o problema?
Se continúo partindo do meu caso concreto, penso que pasamos moitos anos adicándonos basicamente ao estudo da gramática, sempre mediante o mesmo tipo de exercicios escritos, e sen practicar as competenciais orais. Os libros de textos alexábanse da nosa realidade: non me sentía identificada nin cos temas, nin cos xogos de roles, os listenings eran cancións doutros tempos... E, sobretodo, pesaba moito a frustración de levar tantos anos estudando unha lingua e non ser capaz de comunicarme nela de forma oral con soltura.
E sen embargo, así de primeiras, parece unha materia que pode dar moito xogo: se pode (e debe) falar, xogar, cantar, oír música, ver películas, ler, etc. Como futura docente, penso que, dende o nivel máis básico, na clase debe empregarse unicamente a lingua meta. E tendo moi en conta estratexias da suxestopedia debemos crear un clima cálido no que os nosos alumnos non se vexan obrigados a falar, senón que queiran eles comunicarse e de forma relaxada, sen presión nin vergoñas. As horas presenciais de clase aproveitaríaas para practicar as competencias orais, mentres que na casa poden preparar eles sós os exercicios de lectura e escritura, así como aqueles que vaian destinados a repasar aspectos de gramática ou vocabulario.
Ao mellor unha boa rutina de traballo podería ser, cada día, acudir a clase con algún artigo sobre un tema en concreto lido; comezar a clase cun exercicio de imput (algún vídeo non demasiado longo acerca do tema do día), para entrar en calor; despois, un debate no que se fale tanto do que leron como do que acaban de ver, que expoñan as súas propias ideas, que compartan experiencias, etc. A conversa debe ser o centro da clase e eu, como profesora, trataría de conseguir que tódolos alumnos participasen; averiguando que temas lles interesan, preocupándome polas necesidades de cada un, etc. Ademais, crearía un blog ou algunha plataforma online na que puidesen compartir gustos e experiencias, todo na lingua meta, por suposto, e unha vez a semana deberían colgar algún escrito acerca dos temas tratados.
Por tanto, eu, como futura profesora de linguas estranxeiras, incidiría, por un lado, no desenvolvemento da competencia oral e, por outro lado, en conseguir que os alumnos sexan os protagonistas da asignatura, motivales e que se sintan identificados e interesados polos materiais, que eles mesmos propoñan ideas e organizar todo tipo de actividades que se afasten das clases maxistrais (saídas ao teatro, ao cine, entrevistas a escritores, cantantes, creación de curtametraxes, etc.). Desta maneira, a lingua deixaría de ser un obxecto de estudo para ser un medio a través do cal disfrutar, conversar e coñecer cousas de interese para o alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario