lunes, 9 de enero de 2017

Sesión 12/12/16 Eduardo Varela

      Na clase de hoxe comezamos coas exposicións dos traballos que preparamos para a asignatura. Ás alumnas, sempre nos provoca certo nerviosismo e medo enfrentarnos a este tipo de actividades porque son minoritarias, non estamos afeitas a tomar o papel protagonista da clase e expoñernos desta ante as miradas críticas dos demais. Ademais, é importante para nós facelo ben porque é un pequeno acercamento á nosa futura labor de profesoras. Somos un torbellino de entusiasmo, ganas de transmitir, de mellorar a educación, de conseguir motivar aos nosos alumnos no estudo de linguas e, sobretodo, de non repetir todos aqueles erros que sempre criticamos dos nosos profesores.
      Tradicionalmente, a educación nas aulas consistía nunha expansión de coñecementos por parte do profesor, quen asumía todo o protagonismo e toda a responsabilidade da aprendizaxe. Esta metodoloxía pode resultar cómoda para unha parte do alumnado, xa que o seu rol é pasivo e "soamente" ten que escoitar e reter esa información (ata o exame), e tamén para o profesorado, que "soamente" ten que preparar o seu discurso e reproducilo. Pero non cabe duda de que os inconvintes son moitos e que é necesario substituír a clase maxistral por unha nova forma de entender a educación e, concretamente, a ensinanza de linguas.
      Para empezar, ¿cantas veces tivemos a sensación de admirar a un profesor polos seus coñecementos e, ao mesmo tempo, ser conscientes de que non entendiamos nada do que explicaba? Se nos trasladamos ao século pasado, podemos entender que imperase este modelo tradicional de "docente enciclopédico" xa que o acceso á información non era doado; pero hoxe en día, que temos infinitos recursos a un click, xa non temos excusa para retardar máis o cambio e a adaptación da metodoloxía educativa hacia un alumno máis activo. Esto supón para os docentes un traballo e un esforzo por modificar as nosas estratexias e ferramentas sen ter apenas ningún referente que imitar, deixando un grande espazo á improvisación e autocorrección pero, como dixen, é necesario.
      Unha nova forma de ensinar partiría da idea de que o profesor non é o protagonista, nin a caixa de coñecemento, senón unha ferramenta que guía e axuda aos alumnos a atopar, traballar e masgar a información eles mesmos; e esta axuda englobaría tanto a motivación como a proporción dos materiais necesarios. Desta maneira, ao mesmo tempo que aprenden unha determinada lingua, estarán a desenrolar unha serie de capacidades que podemos chamar globais, xa que non son propias de ningunha destreza en concreto senón que son comunes a tódolos ámbitos da vida (capacidade de buscar información, de análise, actitude crítica, contraste de resultados, valoración) e tódolos sentimentos de orgullo e satisfacción que produce o traballo autónomo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario