lunes, 9 de enero de 2017

Sesión 07/12/16 Rosa Alonso

      Esta entrada quero comezala coa entrevista a unha muller de 57 anos cunha pequena experiencia na ensinanza de inglés como lingua estranxeira.

- Bos días, Ana. Cóntame, ¿tes estudos universitarios?
- Si. Ao rematar o bacharelato fixen Xeografía e Historia na Universidade de Santiago.
- ¿E despois?
- Despois preparei durante dous anos as oposicións a maxisterio, sen éxito, e un ano despois empecei a traballar nun colexio privado como profesora de Ensinanza Xeral Básica. Tratábase do colexio onde estudáramos eu e as miñas irmás cando eramos pequenas.
- ¿E canto tempo traballaches alí?
- Foron soamente tres anos pero moi intensos. Deixeino voluntariamente para casar en Vigo, pensando que coa experiencia adquirida non me resultaría tan complicado atopar traballo na nova cidade.
- ¿E que materias impartías e en que cursos durante aqueles tres anos?
- Pois empecei con nenos de dez anos, que estaban en cuarto da EXB, e despois terceiro e cuarto de EXB. Como eran rapaces pequenos, eu encargábame de impartir tódalas materias, incluida educación física, agás as linguas estranxeiras. Coa excepción do último ano, que me vin obrigada a impartir clases de inglés.
- ¿Pero ti tiñas estudos en lingua inglesa?
- Non, en absoluto. Durante toda a miña etapa de estudante, o meu idioma estranxeiro era o francés. Por ello, tiven que prepararme moi a fondo e en pouco tempo nunha academia de inglés. Polas tardes acudía á academia, e polas mañás impartía no colexio o aprendido.
- ¿E cal foi o motivo de que deras ti esa clase, en vez dun profesor preparado na lingua estranxeira?
- A profesora de inglés quedouse viuva aos dous meses de comezar o curso, e deixou a escola. Como consecuencia, a directora do colexio adxudicoume a min a asignatura, a sabendas de que non era a profesora adecuado.
- É dicir, por aforrarse os cartos de contratar a alguén novo.
- Si. Ademais, tiña a dificultade añadida de que no meu curso estaban mezclados rapaces que estudaran inglés dende preescolar con outros que o estuban por primeira vez.
- E eses alumnos adiantados, ¿non percibían as túas carencias comunicativas?
- Penso que non porque eran moi novos e eu puxen moito esforzo tanto na parte de gramática coma na pronunciación. Teño que dicir que non se me dan de todo mal os idiomas, o cal non disculpa que eu non era a profesora indicada para impartir esa clase.
- ¿Cres que esta experiencia acontece a miudo?
- Tan esaxerada coma cun idioma estranxeiro non, pero si con outras materias como plástica, música ou educación física.

     O caso de Ana aconteceu hai xa tres décadas, e dende entón cambiou moito a vida neste país pero a conciencia educativa todavía arrastra moitas barbaridades como a que ela nos conta. Na clase de hoxe terminamos de analizar os sistemas educativos dos países cabecilla no informe PISA, países coma Finlandia, Corea do Sur, Canadá, Singapur e Xapón, de localizacións, historias e culturas moi dispares. Logo, a gran pregunta que cabe preguntarse, ¿que teñen en común estes países que lles leve ao éxito educativo?
    En primeiro lugar, ofrecen un sistema educativo totalmente público e gratuito, ao alcance de toda a poboación. En segundo lugar, teñen totalmente asumida e interiorizada a idea de que o futuro unicamente se pode proxectar e mellorar dende a educación, e por iso hai un consenso estatal, á marxe da política, estable, que aposta por unha forte inversión económica. Na educación non conciben os recortes, posto que entenden que iso suporía un grave erro a longo plazo. E, por último, todos eles teñen en gran estigma a profesión dos docentes. Nestes países os profesores reciben unha intensa formación e soamente os mellores conseguen chegar a adicarse á docencia; por este motivo están moi ben valorados tanto social como económicamente.
     ¿E que vemos no noso país? Maxisterio é un grado ao que moitos dos seus alumnos recurriron porque a súa nota media non era suficiente para o que verdaderamente querían estudar; aos que se enfocan cara a ESO, bacharelato ou formación profesional soamente se lles esixe un mestrado dun único curso de duración, repartido entre clases teóricas e dous meses de prácticas; estas prácticas, en función do titor que che toque, podes pasalas aprendendo na aula ou atendendo outros asuntos na sala de profesores; os profesores atópanse socialmente infravalorados e cuestionados; etc, etc, etc, e xa non falemos de casos coma os de Ana, nos que profesores non instruidos nunha materia adícanse a ensinala e evaluala.
      Eu, como estudante do máster en formación do profesorado, propoño, entre outras cousas, que unha primeira medida a tomar podería ser ampliar a formación do profesorado. Ao igual que os estudantes de mediciña teñen que pasar varios anos de MIR e prácticas, porque non se lles pode permitir un erro, a nós tampouco se nos pode permitir. O futuro está nas nosas mans e é necesario invertir na nosa formación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario