Nesta clase falamos de moitas cousas interesantes. Entre elas, estivemos a comparar os niveis en
segundas linguas que teñen os países europeos, e topámonos con que España non está moi ben
situada. Para empezar, en moitos países se estudan varias linguas estranxeiras, mentres que en
España, ata hai moi pouco, estudabas ou inglés ou francés, pero non se concebía a necesidade de
aprender dúas ou máis linguas estranxeiras. ¿Para que? E xa dentro dunha soa lingua, o nivel medio
acadado é bastante frouxiño. ¿Que nos pasa aos españois, que non falamos inglés? ¿Será o calor?
¿O mar Mediterráneo? O certo é que a Francia ocórrelle algo semellante, e este dato faime pensar
nunha idea: ¿sería posible que debido a que en España e Francia temos dúas linguas bastante
extendidas polo mundo, tardamos tanto en percatarnos da necesidade de aprender outras linguas?
¿Acaso os ingleses que levan toda a vida veraneando en Mallorca saben falar español? Non, porque
parten da idea de que o inglés é o idioma universal e alá onde vaian os entenderán. Pois penso que
en España, así como en Francia, a falta de motivación para aprender novas linguas pode vir por
aquí.
Por suposto, outro elemento moi influinte na aprendizaxe de idiomas é o contexto. No seu sentido
máis amplo, o contexto lingüístico: está demostrado que aquelas áreas bilingües nas que se adquiren
dúas linguas maternas, o noso cerebro desenvolve unha capacidade proclive ao coñecemento de
novas linguas; digamos, en términos bastos, que o noso cerebro acostúmase a cambiar de idioma
case inconscientemente, e isto facilita o traballo á hora de aprender unha lingua estranxeira.
Outro tipo de contexto que tamén inflúe, a nivel máis individual, é o contexto familiar que rodea
aos alumnos: se os pais saben falar linguas estranxeiras, os rapaces terán máis posibilidades de
desenvolver tamén esas competencias, xa que terán a motivación dun referente cercano. E, por
último, a disposición da aula. Dende aulas con tarimas para o docente ata clases con mesas
colocadas en forma de U, cadeiras móbiles, ... Todo inflúe. Parece evidente que o máis desexable
para unha aula de idiomas é que facilite na medida do posible a comunicación, así como que conte con
recursos audiovisuais.
Despois de realizar este pequeniño repaso polos contextos dos estudantes, atrévome a concluír que
se este é un factor tan importante no desenvolvemento dunha segunda lingua é porque repercute de
maneira directa na motivación, e a motivación é a única chave maestra que nos pode levar ao éxito.
Soamente se un país está concienciado e motiva e axuda pola necesidade de coñecer novas linguas,
os seus habitantes proporcionarán bos resultados nas enquisas, e soamente se un rapaz se sinte
motivado polo seu entorno (pais, profesores) se interesará e disfrutará estudando unha lingua
estranxeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario