martes, 10 de enero de 2017

Sesión 15/12/16 Gonzalo Constenla

AS REVÁLIDAS

      Hoxe na clase estivemos falando da Lomce e a partir dela xurdíu entre nós un debate acerca dun dos puntos desta nova lei de educación que xerou máis controversia entre a poboación: as reválidas. ¿Son discriminatorias? ¿Ofrecen axuda personalizada? Os seus defensores comezan opiándose no feito de que en moitos países de Europa este tipo de avaliación externa forma parte dos seus sistemas educativos dende hai moitos anos, e con este dato despliegan todo un conxunto de implicaturas que relacionan Europa cun mundo avanzado, serio, organizado, responsable, etc. e, por tanto, digno de imitación.
    Non cabe dúbida de que realizar avaliacións externas aos estudantes cada ciclo fomentaría o esforzo tanto por parte dos alumnos coma dos profesores. É unha constante nas últimas décadas a desconformidade da poboación cos profesores de instituto: son uns vagos, non ensinan ben, como teñen a súa praza asegurada xa non se esforzan máis, non teñen xefes nin ninguén a quen rendir contas, etc. Fronte a este problema, as reválidas poderían ser unha forma de solución: os centros con peores resultados (establecendo que os resultados dependen unicamente da destreza e o esforzo do profesor) desprestixiaríanse aos ollos da poboación e, por tanto, traballarían en mellorar eses resultados (é dicir, que controlarían e tomarían as medidas necesarias cos responsables: os profesores).
    Non cabe dúbida de que partir da idea de que o progreso escolar é produto unicamente do profesorado é un erro rotundo, pero continuemos cos puntos positivos das reválidas. Un dos seus efectos sería, por tanto, visibilizar que centros obteñen os mellores e os peores resultados para que os pais poidan elexir, de acordo coa apariencia intelectual dos seus fillos e as súas aspiracións, que centro se lles adecúa mellor. E, ademais, incluso dentro dun mesmo centro, os resultados obtidos poderían servir para organizar os grupos de forma máis homoxénea, de maneira que os alumnos con mellores resultados poidan seguir un ritmo máis acelerado e avanzar máis, e os alumnos con peores resultados poidan levar un ritmo máis lento pero seguro, e así todos recibirían unha atención máis personalizada ás súas necesidades. ¡Soa maravilloso!
     Pero... ¿que consecuencias podería ter na educación dos rapaces orientar o ensino a obter bos resultados nesas probas? ¿Realmente todo o que se aprende na escola é avaliable nun exame? ¿Merece o mesmo recoñecemento alguén que pasa dun 7 a un 8, que un 8 para alguén que partía dun 5? E, sobretodo, ¿que consecuencias persoais podería provocar unha clasificación intelectual e cultural a tan temprana idade? Resúltame escalofriante pensar en condenar a un neno de doce anos ao grupo dos tontos, lentos, vagos, etc. (ainda que soe mal, así é como el o vai a percibir) por sacar menos nota.
      Sempre defendín a idea de que a motivación é o motor da educación, e por tanto non podo apoiar un sistema educativo que únicamente motiva á metade dos alumnos, mentres que a outra metade queda condenada ao fracaso. Canto máis lonxe aspires, máis lonxe chegarás, ¿e como alguén se vai sentir motivado e con confianza para esforzarse académicamente se lle cortan as ás a unha idade tan temprana e delicada cunha cifra numérica? E as consecuencias non so atinxirían ao ámbito académico, senón que facilmente se expandirían ao persoal: estes alumnos convertiríanse en persoas sen aspiracións na vida, conformistas, cunha baixa autoestima, e estas características repercutiríanlles negativamente ao longo de toda a súa vida. E o mesmo acontecería cos mestres destinados a ocuparse destes grupos, e aos colexios mal catalogados, etc, etc, etc.
     Eu defendo, pola contra, un sistema educativo no que non se ensinen materias senón que tamén se formen persoas e se eduque en valores. No que os alumnos desenvolvan capacidades como a empatía, a tolerancia, a solidaridade, o respeto, a cooperación, e moitas máis que como mellor se adquiren é expoñéndoos á realidade heteroxénea na que non hai mellores nin peores. O mecanismo das reválidas, e a LOMCE en xeral, unicamente guían á competencia e a querer destacar fronte os demais como impulso e motivación. Por iso, para terminar, quero cerrar esta pequena reflexión cunha frase de María Montessori:
     «Todo o mundo fala de paz, pero ninguén educa para a paz; a xente educa para a competencia e este é o principio de cualquera guerra. Cando eduquemos para cooperar e ser solidarios, ese día estaremos educando para a paz».

No hay comentarios:

Publicar un comentario